Sir Ernest Rutherford, pai da física nuclear e Premio Nobel de Química en 1908, adoitaba contar a seguinte anécdota:

“ Fai algún tempo, recibín a chamada dun colega. Estaba a piques de pór un cero a un estudante pola resposta que dera en un examen de física, a pesar de que este afirmaba con rotundidade que a súa resposta era absolutamente acertada. Profesores e estudantes acordaron pedir arbitraxe de alguén imparcial e fun elixido eu.


A pregunta do exame era: Demostre como é posible determinar a altura dun edificio coa axuda dun barómetro. A resposta do estudante foi a seguinte: leve o barómetro á azotea do edificio e átelle unha corda moi longa. Descólgueo ata a base do edificio; marque e mida. A lonxitude da corda é igual á altura do edificio.


Realmente o estudante expuxera un serio problema coa resolución do exercicio, porque respondera á pregunta correcta e completamente. Doutra banda, se se lle concedía a máxima puntuación, podería alterar a media do seu ano de estudos, obter unha nota mais alta e así certificar o seu alto nivel en física; pero a resposta non confirmaba que o estudante tivese ese nivel. Suxerín que se lle dese ao alumno outra oportunidade. Concedinlle seis minutos para que me respondese a mesma pregunta, pero esta vez coa advertencia de que na resposta debía demostrar os seus coñecementos de física.


Pasaran cinco minutos e o estudante non escribira nada. Pregunteille se desexaba marcharse, pero me contestou que tiña moitas respostas ao problema; a súa dificultade era elixir a mellor de todas. Escuseime por interromperlle e rogueille que continuase. No minuto que lle quedaba escribiu a seguinte resposta: colla o barómetro e lánceo ao chan desde a azotea do edificio, e mida o tempo de caída cun cronómetro. Despois aplique formúla altura = 0,5 pola gravidade e polo tempo ao cadrado, e así obtemos a altura do edificio. Neste punto pregunteille ao meu colega se o estudante podíase retirar. Deulle a nota máis alta.


Tras abandonar o despacho, reencontreime co estudante e pedinlle que me contase as suas outras respostas á pregunta.


-“En fin, hai moitos xeitos. Por exemplo, colles o barómetro nun día asollado e mides a altura do barómetro e a lonxitude da súa sombra. Se medimos a continuación a lonxitude da sombra do edificio e aplicamos unha simple proporción, obteremos tamén a altura do edificio.

-Perfecto, e doutro xeito?


-Si. Este é un procedemento moi básico para medir un edificio, pero tamén serve. Neste método, colles o barómetro e sitúaste nas escaleiras do edificio na planta baixa. Segundo sobes as escaleiras, vas marcando a altura do barómetro e contas o numero de marcas ata a azotea. Multiplicas ao final a altura do barómetro polo número de marcas que fixeches e xa tes a altura.


-Ese é un método moi directo.

-Por suposto. Se o que quere é un procedemento mais sofisticado, pode atar o barómetro a unha corda e movelo coma se fose un péndulo. Se consideramos que cando o barómetro está á altura da azotea, a gravidade é cero e se temos en conta a medida da aceleración da gravidade ao descender o barómetro en traxectoria circular ao pasar pola perpendicular do edificio, da diferenza destes valores, e aplicando unha sinxela fórmula trigonométrica, poderiamos calcular, sen dúbida, a altura do edificio. Neste mesmo estilo de sistema, atas o barómetro a unha corda e descólgalo desde a azotea á rúa. Usándoo como un péndulo podes calcular a altura medindo o seu período de oscilación.


En fin, concluíu, existen outros moitos xeitos. Probablemente, a mellor sexa coller o barómetro e golpear con el a porta da casa do conserxe, e cando abra, dicirlle: ?Señor conserxe, aquí teño un bonito barómetro. Se vostede dime a altura deste edificio, regálollo”.

Neste momento da conversación, pregunteille se non coñecía a resposta convencional ao problema. Dixo que a coñecía, pero que durante os seus estudos, os seus profesores intentaran ensinarlle a pensar.

A resposta convencional ao problema era que a diferenza de presión marcada por un barómetro en dous puntos diferentes proporciónanos a diferenza de altura entre estes puntos.

Aquel estudante, a quen os seus profesores ensinaran a pensar, chamábase Niels Bohr, físico danés, quen se basearía nas teorías de Rutherford, para publicar o seu modelo atómico en 1913, introducindo a teoría das órbitas cuantizadas, obtendo o premio Nobel de Física en 1922.