o mantemento e as reparacións mecanicas xa non son o que eran…

O edificio coñecido como N Building, localizado en Tokio, decora a súa fachada cun código coñecido como código  QR ou bidi, que pode lerse utilizando a cámara do móbil, e fai uso da realidade aumentada para mostrar información dixital superpoesta á imaxe real do edificio como os twitts escritos polos seus inquilinos, información sobre as tendas que hai no seu interior, ofertas e promocións, etc.



vía Microsiervos

A realidade aumentada (RA) é, segundo a Wikipedia, o termo para definir unha visión directa ou indirecta dun entorno físico no mundo real, os seus elementos combinanse con elementos virtuais para a creación dunha realidade mixta a tempo real. Consiste nun conxunto de dispositivos que engaden información virtual á información física xa existente. Esta é a principal diferenza coa realidade virtual, posto que non substitúe a realidade física, senón que sobreimprime os datos informáticos ao mundo real.